miércoles, 6 de marzo de 2013

Histórico triunfo das traballadoras camboianas de Kingsland.

http://www.ropalimpia.org/img/noticias/victoria%20trabajadoras%20kingsland.jpgAs traballadoras da fábrica Kingsland en Cambodia lograron un histórico acordo tras meses de protestas reclamando os seus salarios a H&M e Walmart

A fábrica Kingsland Garment producía roupa interior para a empresa sueca H&M e o xigante estadounidense Walmart. Kingsland xunto con H&M e Walmart acordaron pagar 205.000 dólares a ao redor de 160 traballadoras.
Os donos da fábrica decidiron pechar as portas sen previo aviso e sen pagar os salarios debidos nin as indemnizacións por despedimento que marca a lei de Cambodia en Decembro de 2012.

Dende entón as traballadoras, algunhas das cales traballaban para a fábria dende 1997, iniciaron unha acampada ás portas da fábrica as 24 horas do día para tratar de coller aos donos e evitar que entrasen a levarse a maquinaria e outros equipos.

"Cando nos decatamos da noticia todas nos puxemos a berrar. Estabamos moi felices". Or Skuong é unha das traballadoras que resistiu estes meses diante da fábrica.

O 8 de Febreiro un grupo de 70 traballadoras acudiron a Phnom Penh Tower, o edificio onde se encontran tanto as oficinas de H&M coma as da Embaixada de Suecia en Cambodia para facer chegar a súa petición.

É a primeira vez que as marcas internacionais e os seus provedores se sentan a negociar un acordo cos traballadores e os seus representantes sindicais en Cambodia. Un comité que inclúe traballadores, representantes sindicais, marcas internacionais, provedor e representantes do goberno de Cambodia acordarán como distribuír o diñeiro que se repartirá dentro de 2 semanas.

VICTORIA judicial histórica contra el loby sionista en España

Jasiel Paris @jasielparis -SEGUNDA querella inadmitida a ACOM, tras la de Antonio Maestre. En este caso especialmente humillante: se la tumb...